lunes, 23 de junio de 2014

artistas en feminino






Ultimamente ando ás voltas con unha serie de retratos de mulleres artistas. Cando comecei con ela pensei que, tal vez, na pintura acontecía coma na música, e que o número de elas sería moito menor que o de eles (xa sabedes, o patriarcado, a relegación das mulleres ás tarefas do fogar e ao coidado da familia e todo iso). Mais, porén o resultado foi ben diferente e, polo mesmo, aterrador. Non se trata de que apenas existan artistas femininas, hainas a moreas en todas as épocas nas que un se queira adentrar! Mais, apesar de estaren aí e de teren deixado un legado máis que completo encanto a calidade e a variedade de estilos, ELAS NON SAEN NOS LIBROS!!! e por iso, e agora máis ca nunca, creo que é de xustiza lembralas. Aquí vos deixo a Maruja Mallo, unha muller vangardista que deixou a súa Galiza natal para estudar en Madrid e adicarse de cheo á pintura e que facía parte dos mesmos círculos que frecuentaron Dalí ou Buñuel. E tamén a Camille Claudel, escultora cunha obra que apenas conseguiu liberarse da sombra de Rodin, e que se viu privada da súa liberdade sen lugar a réplica polo simple feito de tela exercido. E a Tamara de Lempicka, pintora tremendamente carismática cunha obra personalísima e inconfundíbel. Prometo máis!

1 comentario:

Sara C Martín dijo...

que arte y que artista!!! dentro de unos años, esperemos pocos, tu también tendrás tus espacio entre las Superheroínas del arte.

Deseando ver mas!