Ultimamente ando ás voltas con unha serie de retratos de mulleres artistas. Cando comecei con ela pensei que, tal vez, na pintura acontecía coma na música, e que o número de elas sería moito menor que o de eles (xa sabedes, o patriarcado, a relegación das mulleres ás tarefas do fogar e ao coidado da familia e todo iso). Mais, porén o resultado foi ben diferente e, polo mesmo, aterrador. Non se trata de que apenas existan artistas femininas, hainas a moreas en todas as épocas nas que un se queira adentrar! Mais, apesar de estaren aí e de teren deixado un legado máis que completo encanto a calidade e a variedade de estilos, ELAS NON SAEN NOS LIBROS!!! e por iso, e agora máis ca nunca, creo que é de xustiza lembralas. Aquí vos deixo a Maruja Mallo, unha muller vangardista que deixou a súa Galiza natal para estudar en Madrid e adicarse de cheo á pintura e que facía parte dos mesmos círculos que frecuentaron Dalí ou Buñuel. E tamén a Camille Claudel, escultora cunha obra que apenas conseguiu liberarse da sombra de Rodin, e que se viu privada da súa liberdade sen lugar a réplica polo simple feito de tela exercido. E a Tamara de Lempicka, pintora tremendamente carismática cunha obra personalísima e inconfundíbel. Prometo máis!
lunes, 23 de junio de 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)