jueves, 3 de julio de 2014

e chegou leonora


Pois seguindo coa serie de mulleres artistas, no centro podedes ver a Leonora Carrington, pintora, escritora e amante dos gatos. Espero que vos agrade!

lunes, 23 de junio de 2014

artistas en feminino






Ultimamente ando ás voltas con unha serie de retratos de mulleres artistas. Cando comecei con ela pensei que, tal vez, na pintura acontecía coma na música, e que o número de elas sería moito menor que o de eles (xa sabedes, o patriarcado, a relegación das mulleres ás tarefas do fogar e ao coidado da familia e todo iso). Mais, porén o resultado foi ben diferente e, polo mesmo, aterrador. Non se trata de que apenas existan artistas femininas, hainas a moreas en todas as épocas nas que un se queira adentrar! Mais, apesar de estaren aí e de teren deixado un legado máis que completo encanto a calidade e a variedade de estilos, ELAS NON SAEN NOS LIBROS!!! e por iso, e agora máis ca nunca, creo que é de xustiza lembralas. Aquí vos deixo a Maruja Mallo, unha muller vangardista que deixou a súa Galiza natal para estudar en Madrid e adicarse de cheo á pintura e que facía parte dos mesmos círculos que frecuentaron Dalí ou Buñuel. E tamén a Camille Claudel, escultora cunha obra que apenas conseguiu liberarse da sombra de Rodin, e que se viu privada da súa liberdade sen lugar a réplica polo simple feito de tela exercido. E a Tamara de Lempicka, pintora tremendamente carismática cunha obra personalísima e inconfundíbel. Prometo máis!

lunes, 10 de marzo de 2014


A familia "Pícnic" segue medrando! E moi, moi pronto lucirá pendurada das paredes do meu novo espazo de traballo! 

domingo, 15 de diciembre de 2013

máis pícnic!

O outro día estiven tirando fotos dos últimos collages da serie "Pícnic" que ultimamente me mantén ocupada. Aquí volas deixo para que lle botedes un ollo. Todas están á venda. E aproveito para dicirvos que se vos gusta o estilo destes traballos e queredes facer un agasallo especial nestas festas ou pendurar da parede unha obra da que vós sexades os protagonistas só tedes que poñervos en contacto conmigo e estarei encantada de facervos un collage personalizado. Bo Nadal!

El otro día estuve sacando fotos de los últimos collages de la serie "Pícnic" que últimamente me mantiene ocupada. Aquí os las dejo para que les echéis un ojo. Todas están en venta. Y aprovecho para deciros que, si os gusta el estilo de estos trabajos y quereis hacer un regalo especial en estas fiestas, o colgar de la pared una obra de la que vosotros mismos seáis los protagonistas sólo tenéis que poneros en contacto conmigo y estaré encantada de haceros un collage personalizado. Feliz Navidad!






sábado, 7 de diciembre de 2013

felices festas de inverno a todos!



Ola a todos! Quería compartir a tarxeta de Nadal que desenhei para felicitarvos as festas e que, ademáis, é parte do "Muro de los deseos ilustrados" que o colectivo IconI organizou este ano para que os ilustradores que así o desexemos poidamos facervos chegar os nosos parabéns para estas datas de maneira conxunta. Podedes botarlle un ollo aquí: http://padlet.com/wall/murodeseosilustrados

pícnic


Estas son algunhas das pezas que forman parte da serie "Pícnic", na que ando a traballar desde hai uns meses. Unha parte dela viaxou ata a Ilustrarte de Lisboa, bienal internacional de ilustración para a infancia á que este ano concorremos 2000 ilustradores de 72 países. Non puiden estar entre os 50 seleccionados, pero as ganas de seguir traballando son, se non as mesmas, aínda meirandes.

viernes, 2 de agosto de 2013

 
 

entre s calores e tal e tumba, estas e outras cousas polo estilo son as que me anda a inspirar Cadaqués ultimamente...