martes, 24 de marzo de 2015
lunes, 24 de noviembre de 2014
jueves, 20 de noviembre de 2014
Infantil digital
Retomando as técnicas dixitais e o deseño con vectores. Aquí unha mostra pensada para os máis cativos.
sábado, 1 de noviembre de 2014
cadernos
Recén saídos do forno! Estes son os cadernos nos que estou a traballar estes días. Tres modelos con ecos de Cadaqués totalmente pintados a man que xa están á venda. No Atelier de Natalia Tomás (Port Doguer, Cadaqués) atoparédelos a eles e tamén a min mesma, cada día de 11 a 14:30 horas.
miércoles, 1 de octubre de 2014
novedades de outono!
Pois que vos vou contar! Que é chegar o outono e a minha creatividade pasa subitamente de cero a mil! Aquí vos deixo unha mostra de por onde van os tiros...
lunes, 25 de agosto de 2014
Primeira expo en Cadaqués!!!
Pois si, chegou o día! Dende esta mahá os orixinais da serie Pícnic poden verse no atelier da escultora Natalia Tomás, en Cadaqués. Serán tres semanas de exposición, así que prometo compartir máis instantáneas!
jueves, 3 de julio de 2014
e chegou leonora
Pois seguindo coa serie de mulleres artistas, no centro podedes ver a Leonora Carrington, pintora, escritora e amante dos gatos. Espero que vos agrade!
lunes, 23 de junio de 2014
artistas en feminino
![]() |
Ultimamente ando ás voltas con unha serie de retratos de mulleres artistas. Cando comecei con ela pensei que, tal vez, na pintura acontecía coma na música, e que o número de elas sería moito menor que o de eles (xa sabedes, o patriarcado, a relegación das mulleres ás tarefas do fogar e ao coidado da familia e todo iso). Mais, porén o resultado foi ben diferente e, polo mesmo, aterrador. Non se trata de que apenas existan artistas femininas, hainas a moreas en todas as épocas nas que un se queira adentrar! Mais, apesar de estaren aí e de teren deixado un legado máis que completo encanto a calidade e a variedade de estilos, ELAS NON SAEN NOS LIBROS!!! e por iso, e agora máis ca nunca, creo que é de xustiza lembralas. Aquí vos deixo a Maruja Mallo, unha muller vangardista que deixou a súa Galiza natal para estudar en Madrid e adicarse de cheo á pintura e que facía parte dos mesmos círculos que frecuentaron Dalí ou Buñuel. E tamén a Camille Claudel, escultora cunha obra que apenas conseguiu liberarse da sombra de Rodin, e que se viu privada da súa liberdade sen lugar a réplica polo simple feito de tela exercido. E a Tamara de Lempicka, pintora tremendamente carismática cunha obra personalísima e inconfundíbel. Prometo máis!
lunes, 10 de marzo de 2014
domingo, 15 de diciembre de 2013
máis pícnic!
O outro día estiven tirando fotos dos últimos collages da serie "Pícnic" que ultimamente me mantén ocupada. Aquí volas deixo para que lle botedes un ollo. Todas están á venda. E aproveito para dicirvos que se vos gusta o estilo destes traballos e queredes facer un agasallo especial nestas festas ou pendurar da parede unha obra da que vós sexades os protagonistas só tedes que poñervos en contacto conmigo e estarei encantada de facervos un collage personalizado. Bo Nadal!
El otro día estuve sacando fotos de los últimos collages de la serie "Pícnic" que últimamente me mantiene ocupada. Aquí os las dejo para que les echéis un ojo. Todas están en venta. Y aprovecho para deciros que, si os gusta el estilo de estos trabajos y quereis hacer un regalo especial en estas fiestas, o colgar de la pared una obra de la que vosotros mismos seáis los protagonistas sólo tenéis que poneros en contacto conmigo y estaré encantada de haceros un collage personalizado. Feliz Navidad!
El otro día estuve sacando fotos de los últimos collages de la serie "Pícnic" que últimamente me mantiene ocupada. Aquí os las dejo para que les echéis un ojo. Todas están en venta. Y aprovecho para deciros que, si os gusta el estilo de estos trabajos y quereis hacer un regalo especial en estas fiestas, o colgar de la pared una obra de la que vosotros mismos seáis los protagonistas sólo tenéis que poneros en contacto conmigo y estaré encantada de haceros un collage personalizado. Feliz Navidad!
sábado, 7 de diciembre de 2013
felices festas de inverno a todos!
Ola a todos! Quería compartir a tarxeta de Nadal que desenhei para felicitarvos as festas e que, ademáis, é parte do "Muro de los deseos ilustrados" que o colectivo IconI organizou este ano para que os ilustradores que así o desexemos poidamos facervos chegar os nosos parabéns para estas datas de maneira conxunta. Podedes botarlle un ollo aquí: http://padlet.com/wall/murodeseosilustrados
pícnic
Estas son algunhas das pezas que forman parte da serie "Pícnic", na que ando a traballar desde hai uns meses. Unha parte dela viaxou ata a Ilustrarte de Lisboa, bienal internacional de ilustración para a infancia á que este ano concorremos 2000 ilustradores de 72 países. Non puiden estar entre os 50 seleccionados, pero as ganas de seguir traballando son, se non as mesmas, aínda meirandes.
viernes, 2 de agosto de 2013
miércoles, 25 de julio de 2012
sábado, 14 de julio de 2012
sábado, 7 de julio de 2012
Ilustratour 2012
desde hai seis días ando por valladolid, encantada co taller no que Maurice van der Bij e Sylvia Van Ommen conseguiron sacar o mellor de cada quen e obrigarnos a experimentar e buscar novas maneiras de expresar a partir dalgo aparentemente tan pouco expresivo como unha pedra. a experiencia toca ao seu fin, pero marcho coa cabeza chea de ideas, momentos, imaxes e ilusións renovadas, e tamén con novas amizades ás que agardo non perder a pista
en pleno proceso, caossss
pero sempre hai tempo para unha broma sorpresa, sobre todo se o motivo é tan divertido como o "De show van niks" ("The show about nothing")
e este foi o resultado da semana...
en pleno proceso, caossss
pero sempre hai tempo para unha broma sorpresa, sobre todo se o motivo é tan divertido como o "De show van niks" ("The show about nothing")
e este foi o resultado da semana...
... que compartimos todos os participantes no talher de Maurice e Sylvia, pero tamén os dos de Alexis Deacon e Javier Sáez Castán. cada quen máis encantado cos seus respectivos profes!
e isto foi o que sobrou de cinco días de actividade intensiva...
... aínda que boa parte dos "restos" se reciclaron para recrear a pedra coa que cada quen se deu os seus particulares cabezazos figurados, pero tamén máis dun tropezón real
e por aquí seguimos, nunhas xornadas plagadas de propostas, charlas e exposicións que case non nos deixarán respirar ata o luns pola tarde.
domingo, 10 de junio de 2012
miércoles, 18 de enero de 2012
viernes, 22 de julio de 2011
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
























