lunes, 24 de noviembre de 2014
jueves, 20 de noviembre de 2014
Infantil digital
Retomando as técnicas dixitais e o deseño con vectores. Aquí unha mostra pensada para os máis cativos.
sábado, 1 de noviembre de 2014
cadernos
Recén saídos do forno! Estes son os cadernos nos que estou a traballar estes días. Tres modelos con ecos de Cadaqués totalmente pintados a man que xa están á venda. No Atelier de Natalia Tomás (Port Doguer, Cadaqués) atoparédelos a eles e tamén a min mesma, cada día de 11 a 14:30 horas.
miércoles, 1 de octubre de 2014
novedades de outono!
Pois que vos vou contar! Que é chegar o outono e a minha creatividade pasa subitamente de cero a mil! Aquí vos deixo unha mostra de por onde van os tiros...
lunes, 25 de agosto de 2014
Primeira expo en Cadaqués!!!
Pois si, chegou o día! Dende esta mahá os orixinais da serie Pícnic poden verse no atelier da escultora Natalia Tomás, en Cadaqués. Serán tres semanas de exposición, así que prometo compartir máis instantáneas!
jueves, 3 de julio de 2014
e chegou leonora
Pois seguindo coa serie de mulleres artistas, no centro podedes ver a Leonora Carrington, pintora, escritora e amante dos gatos. Espero que vos agrade!
lunes, 23 de junio de 2014
artistas en feminino
![]() |
Ultimamente ando ás voltas con unha serie de retratos de mulleres artistas. Cando comecei con ela pensei que, tal vez, na pintura acontecía coma na música, e que o número de elas sería moito menor que o de eles (xa sabedes, o patriarcado, a relegación das mulleres ás tarefas do fogar e ao coidado da familia e todo iso). Mais, porén o resultado foi ben diferente e, polo mesmo, aterrador. Non se trata de que apenas existan artistas femininas, hainas a moreas en todas as épocas nas que un se queira adentrar! Mais, apesar de estaren aí e de teren deixado un legado máis que completo encanto a calidade e a variedade de estilos, ELAS NON SAEN NOS LIBROS!!! e por iso, e agora máis ca nunca, creo que é de xustiza lembralas. Aquí vos deixo a Maruja Mallo, unha muller vangardista que deixou a súa Galiza natal para estudar en Madrid e adicarse de cheo á pintura e que facía parte dos mesmos círculos que frecuentaron Dalí ou Buñuel. E tamén a Camille Claudel, escultora cunha obra que apenas conseguiu liberarse da sombra de Rodin, e que se viu privada da súa liberdade sen lugar a réplica polo simple feito de tela exercido. E a Tamara de Lempicka, pintora tremendamente carismática cunha obra personalísima e inconfundíbel. Prometo máis!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)